Opinión
Fágoche un ovo?
Se cadra non; imos pasarnos ás lentellas e aos garavanzos. Alomenos ata que o tema ese das macrogranxas se esqueza un pouco. E mira que un par de ovos estrelados, para mollar con pan, son un manxar. Pero, «vive e deixa vivir». O que por un lado nos dan as galiñas mailos porcos de produción intensiva, polo outro quítanolo, desfacendo por completo as terras da Limia, en Ourense. As cifras do lixo, que apuntaba FARO este mércores, convidan a deterse e pensar no asunto. O refugallo de cinco millóns de galiñas e 200.000 porcos que habitan o sureste galego exerce a mesma presión no medio ambiente que unha cidade de 2,1 millóns de habitantes. Cunha gran diferencia, esa urbe imaxinaria tería unha gran planta de tratamento das augas residuais. Unha EDAR, unha depuradora para tratar os antibióticos e produtos químicos (derivados da medicación que se lle dá aos animais), sen esquecer as augas fecais e os excrementos de toda esta fauna.
Que esta gandería intensiva supón un perigo para as persoas, para a saúde, é algo que temos escoitado. Só que en Vigo, en Vilagarcía ou na Coruña nunca se apreciou. Ás cidades chegan os ovos de galiñas alimentadas a base de millo e o porco, de castañas. A súa merda non. É coma naquela escena de Apocalypse Now onde un colono francés escenifica a ocupación escachando un ovo. Na imaxe apréciase que a clara escorre por entre a casca, mentres, o gabacho solta: «O branco marcha, o amarelo permanece». Os xamóns e os polos marchan, a toxicidade queda. A degradación ambiental do río, do encoro das Conchas, dos pozos e acuíferos, eso afúndese na terra, e permanecerá durante xeracións.
Quen se fai eco desta desfeita é o Alto Tribunal Galego (o Superior de Xustiza) que ditou sentenza o venres pasado sobre a contaminación das augas na bisbarra limiá. Segundo o veredicto do TSXG, condénase á Xunta de Galicia e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Limia polo descontrol —desde 2011— sobre os vertidos das explotacións industriais (avícolas e porcinas). Estes efluentes tóxicos están detrás da aparición de cianobacterias nocivas, sendo ademais o territorio que posúe a maior concentración de nitratos de todo o país. Tamén o Tribunal afea a inactividade das Administracións Públicas que «a pesar de coñecer a situación, e estar legalmente obrigadas a isto, non foron capaces de pórlle remedio».
Mais pensar que Xunta e Confederación son as únicas —ou as grandes responsables—, con independencia das sancións tramitadas pola CHMS (refire 217 expedientes desde o 2011), é moi iluso. Debemos apreciar que son as cooperativas ourensanas, as máis de 300 granxas, as que en verdade causan —e poden reverter— esta situación. O sector debería deixarse de «facernos ovos» e pórse a descontaminar.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada